Lucía Cobo

Filla de libreiro e mestra, creceu amando os libros. Ainda que estudou unha enxeñería, sempre soubo que a súa paixón era as artes plásticas e o deseño. Despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica titulouse como Técnico Superior en Ilustración na Escola de Artes Plásticas Pablo Picasso da Coruña. No ano 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido pola Escola I con I de Madrid. Desfruta experimentando coa técnica e creando mundos nos que perderse. Colabora en revistas e webs e traballa para diversas editoriais. No 2015 sae publicado o seu primeiro álbum; pouco a pouco cúmprese o seu soño ilustrado.

Showing 1 - 1 of 1 item