É un proxecto literario onde se tecen obradoiros de escrita e cursos de formación cun selo editorial independente.
Apiario. Conxunto agrupado de colmeas
Agruparse para facer en común e construír soportes onde as abellas traballen pola non-extinción.
Volver ao papel/panal. A escrita como arquitectura hexágono atenta aos materiais, ao deseño, á ilustración, ao cosido, á impresión, aos novos valores.
Factoría onde esmelgar ao redor da palabra. Laboratorio que deseña contextos para a creación. Afiando as ás. Voar aló onde nos chamen co aguillón poético na man.
Apiario edita libros onde ningún é igual ca outro. Cada título é para nós unha oportunidade de elaborar un deseño único que responda ás necesidades do texto. A procura do papel preciso, do cosido exacto, da tipografía axeitada fan que os nosos libros sexan obxectos que non responden a ningunha lei impostada nin preconcibida.
Cera Labrada, Niño de Abella e Abella Mestra son as nosas primeiras coleccións.
Apiario é unha editora independente que traballa sen distribuidora, polo que levamos os noso libros directamente aos puntos de venda. Tamén podes conseguilos na nosa tenda on_line. Chegarán o máis rápido posible, sen que ningunha folla se perda.
O equipo:
Apiario é a súa proposta en común. Deseñando mapas de trama e urdido, procurando diálogos nos tempos que cambian.
Emilio Salgado
Xurxo Rivas
Luisa Abad
Berta Roca