Sen produtos
María do Cebreiro (Santiago de Compostela) é escritora e profesora de teoría da
literatura na Universidade de Santiago de Compostela. Como poeta publicou os libros O
estadio do espello (1999); (nós, as inadaptadas), accésit do premio Esquío de poesía
(2001); Non queres que o poema te coñeza (2004), Premio Caixanova; Os hemisferios
(2006); Cuarto de outono (2008); Non son de aquí (2009) e Os inocentes (2014). A
antoloxía Objetos perdidos (2007) escolma poemas seus en autotradución galego-
castelá. Non son de aquí foi traducido ao inglés como I am not from here por Helena
Miguélez-Carballeira en Shearman Books (2011). Traduciu ao galego a obra Tres vidas
de Gertrude Stein.