Iria do Castelo

Iria do Castelo traballa sobre unha figuración de corte surreal inspirada nun pop lisérxico que camiña entre o terrible e o irresistible, entre a alucinación e a fábula. Interesada no erotismo en tanto que difumina as límites entre o permitido e o prohibido. Na súa iconografía a miúdo aparecen referencias a clásicos da literatura, e extrañas asociacións entre o reino animal e o universo íntimo feminino.


Ten obtido recoñecementos diversos entre os que cabe destacar ter sido becada coma artista en residencia en MAC (Museo de Arte Contemporánea da Coruña) ou en Uttarayan Arts Foundation (Vadodara, India). Completou a súa formación asistindo a talleres con Antonio López, Eugenio Ampudia, Cabello/Carceller ou Gabriel Abrantes.


www.iriadocastelo.com

Showing 1 - 1 of 1 item