Alba Cid

Nacín en Ourense o 10 de marzo de 1989. Coincidiu coa queima

das“madamitas”no parque San Lázaro; seguro que había rosquillas e aplausos.


Estudei Filoloxía Galega na USC, e no segundo ano decidín cursar tamén Portuguesa e Románica. Cuestión de liñas e raíces de palabras. Fun bolseira

do Servizo de Normalización Lingüística da USC case dous anos. Gañei diversos premios derelato e poesía, coma o 43º Concurso de Redacción Coca-Cola (2003), o Minerva (2007), o Ourense de Contos (2010) ou o Xuventude Crea (2013); e participei nos libros Poética da casa(2006), 6 poemas 6.



Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016). Tamén publiquei creación e artigos en revistas coma Dorna, Grial ou Luzes.

Agora escribo unha tese. Debuxo, fago fotos e planeo viaxes. Achégome ás cousas para que o ruído retroceda: www.instagram.com/ollobasilisco.

Showing 1 - 1 of 1 item