Nacín en Ourense un 25 de abril de 1990. Son licenciada en Comunicación Audiovisual pola USC e realicei un mestrado en Produción e Xestión Audiovisual pola UDC. Dedícome á produción multimedia e á poesía. Como poeta recibín recoñecementos en certames como o Minerva, Xuventude Crea, Ánxel Casal, María Mariño e Avelina Valladares. Deste último xurdiu o poemarioNo berce das mareas (Ed.Fervenza, 2009). Teño textos publicados nas revistas Dorna e Luzes, así como na Antoloxía do Sentimentalismo (Ed. Bubela), entre outras. Publiquei na rede o CD de audiopoesía RE(C)verso, o poemario-receitario Cocíñame e unha serie de videopoemas. Actualmente traballo no ámbito da videopoesía como creadora e como produtora de Versogramas, un proxecto transmedia sobre o panorama internacional do xénero.