Fran Cortegoso

FRANCISCO CORTEGOSO



a dous metros sobre a liña que se traza baixo o límite da pálpebra observarás 


o aletexo dun nome 



apenas unha bágoa lembre o teu rostro en cinza 


a rosa escureza o reflexo do teu Ti 



quizá o labio lle fale á súa propia raíz e esqueza que palabra 


traizoou a memoria do trevo 



mais eu 



e Ti, atando o silencio ao teito do mundo 


lembra que Ti 


volverás mastigar a súa última folla 



POEMA EN SOÑOS 


esta é a segunda versión dun poema, sempre anterior 


[para garantir a súa natureza construtiva] 



as palabras voan e o paxaro soña: un camiño 


mais a liña que se traza até o teu ollo 


nunca é soñada — 



o cabaleiro de botas cabalga até o teu corazón; alí arrinca unha palabra que es ti: — florecemento


con todo non procuro o teu corazón; nunca te traizoaría


e desde o texto constrúo esa liña 


pola que te deixas levar e..., agardas che diga algo: — 


o cabaleiro de botas cabalga, 


cabalga 



o resto pode ser o silencio —
sempre unha oportunidade para a construción. “era o poema un soño
Mallarmé un enxeñeiro de camiños” 



Se en certo momento alguén pensou o mar, esa persoa foi o pequeno Bertrand, que da man do seu avó Philippe, nado na inmensidade dos campos da Francia, chegou á Bretaña e contemplou o mar; máxico como os ollos da súa nai, en chegando o seu trece aniversario. Foi ese instante a perda de todo tempo ante unha liña que se estendía; intrazábel no seu maxín como si posíbel a metáfora do óleo creando densidade sobre o fondo branco de fío de algodón: deu espazo quer ao voo dun paxaro quer á liña imaxinada polo pequeno Bertrand. Unha liña que marca o nada e polo tanto a posibilidade de toda materia de pensamento e pensamento matérico. 


Contoume como chegou deste sempre outro mar, e como nel se desprega a sorte de todo home ou muller, de xeito que aquilo considerado instrumento de vida lle sería devolto á súa morte. 


Quand je mourrai, Bertrand, je rentrerai au-delà de l’arc entre ciel et mer, où un cercle, que personne ne pourrait embrasser avec ses sens, nous noue le cœur, et nous marie. 

Showing 1 - 1 of 1 item