Helena Salgueiro

Nacín en Compostela un outono do ano 1995 e convertinme pouco despois en veciña de Moreda do Courel. Actualmente compaxino os meus estudos de Filoloxía Galega e Teoría e Crítica Literarias co teatro. No ano 2013 fundo a compañía e asociación GN TEATRO, dentro da cal dirixo e actúo nos espectáculos Natureza Viva,Kraft e Cabaret Salomé. Tamén son actriz na Aula de Teatro da USC, en cuxos espectáculos Sweeney Todd e Cinzas teño participado. Divulguei os meus primeiros textos a través de premios literarios xuvenís (Minerva, Ánxel Casal, Concello de Ames) e revistas literarias

(Dorna,Xeada). Publiquei o meu primeiro poemario en 2012 (Intermitencia da cidade, Eds. Fervenza), que foigañador do certame de poesía Avelina Valladares. Participeina Antoloxía de Expansión (2013) e na Antoloxía Trascendental (2014) da Editorial Bubela. En 2016 gaño o II Certame de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón coa obra as flores.

.

Showing 1 - 1 of 1 item