Nacín o 8 de abril de 1994, tres días despois da morte de Kurt Cobain. Miña nai tiña dezanove anos e meu pai vinte e un. Viviamos na Picota. Cando tiña seis anos mudámonos a Noia. Alí foi onde comecei a escribir. Non sei se comecei a escribir porque me pasaban cousas ou porque quería que me pasasen.
Estudei Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela, e ata o de agora publiquei a plaquette Hábitat/Interferencias
(Premio Francisco Añón,2013), o diálogo A ferida (2013), xunto a María do Cebreiro, e o poemario Os fillos da fame
(Premio Johán Carballeira, Xerais, 2016). Tamén colaboro en revistas como Dorna, Grial, ou Luzes, e escribo no blog o triste Stephen (otristestephen.tumblr.com). Estou aprendendo a nadar.