Olalla Tuñas

Nacín en Outes no 89 e son xornalista. Comecei a escribir na adolescencia. Ao facer os 16 xa gañara os meus primeiros premios literarios escribindo narrativa. Tempo despois, en 2010, fun galardoada co Premio Francisco Añón de Poesía polo meu poemario Split Screen. En febreiro de 2012 dende Dinamarca viaxei a Chile, onde pasei o inverno. Alí participei con outras mozas e mozos no Laboratorio de

Escritura das Américas LEA, que co-organizaba a Fundación Neruda na casa do poeta en Santiago, a Chascona. Xuntos creamos un libro colectivo ao que lle chamamos BAR. En 2013, tiven o pracer de compartir con Alba Cid o primeiro premio do certame Xuventude Crea pola serie Cidade Libre. Neste momento vivo en Berlín, onde traballo nunha axencia internacional de noticias.

Showing 1 - 1 of 1 item