Sen produtos
Chámome Paula Antía Rey Baliña. Nacín en 1997 en Iria Flavia, Padrón. Actualmente curso os estudos do Grao en Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os meus anos de instituto obtiven premios nos certames Xela Arias (2014), Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro (2014) e Minerva (2014, 2015). Textos meus viron tamén a luz na revista Dorna.