Sen produtos
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) é poeta, filóloga, videocreadora e unha activa dinamizadora cultural que dirixe obradoiros literarios, obradoiros de tradución, festivais e ciclos de poesía con autores galegos/as e internacionais, ou ofrece recitais multimedia dentro e fóra do país. Premio Nacional da Crítica 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009 e Premio Fundación Novacaixagalicia, Yolanda conta con 6 poemarios individuais, edicións bilingües (galego-castelán) en Visor Libros e catro libros de poesía infantil, ademais doutras obras publicadas como editora o tradutora. Traballou durante anos en TV e recibiu as bolsas de Escritora en Residencia do IWTCR (Rodas), de “Villa Waldberta” (Munich) e do HIP-Beijing. Desenvolve experiencias que fusionan a escrita coa plástica, música, performance, danza, audiovisual ou mesmo coa cociña, xa sexa soa ou en colaboración con outros artistas. A súa obra apareceu representada en multitude de revistas, libros colectivos e antoloxías, así como en numerosos festivais de toda Europa e América, téndose traducido en parte a más de 15 linguas. O seu último título é A Segunda Lingua.