Sen produtos
Tamara Feijoo (Ourense, 1982), licenciada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, compaxina a súa actividade artística con traballos de deseño e ilustración. Utiliza como medio
de expresión o debuxo e a pintura.
O seu é un traballo íntimo, de pequenos formatos, papeis delicados e soportes moi coidados. Durante os últimos anos a súa práctica artística xira arredor da relación do ser humano
e a natureza e o paso do tempo como algo ineludíbel e ao que estamos suxeitos, procurando a beleza do inevitábel.
Ten realizado diversas exposicións individuais en galerías de Málaga, Ourense e Madrid. Tamén participou en numerosas mostras colectivas nacionais e internacionais e obtivo importantes
bolsas e premios como a “Beca de Creación Artística en el Extranjero Gas Natural Fenosa 2011” coa que desfrutou dunha residencia de varios meses en Berlín.