Sen produtos
Nacín en Escairón en novembro de 1987, nunha daquelas casas que hai onde non acabou a vila e xa comezan as aldeas. As noites do primeiro inverno paseinas na cociña, arrolada pola calor da leña, e alí escribín tamén os primeiros poemas. Foron aparecendo en revistas literarias –A Caramuxa, Xistral, Dorna– e con eles gañei premios como o Francisco Añón, o Díaz Jácome ou o Minerva. No ano 2005 publiquei na lisboeta Edições Tema o meu (de momento) único libro, Botar o mar polos ollos. Levo anos impartindo obradoiros de escrita creativa por todo o país e arestora fágoo na libraría Chan da Pólvora, en Compostela, que forma parte dun proxecto editorial e creativo que, canda min, levan adiante Antón Lopo, Gonzalo Hermo, Manolo Martínez e Eduard Velasco.