Sen produtos
Marilar Aleixandre ten a lingua gallada, e dentro da súa gorxa hai voces que compiten e até rifan. Unha empéñase en escribir o que nos foi contado desde as voces das mulleres, sexa na poesía, así en Mudanzas (2007, Premio Caixanova-PEN), ou na narrativa xuvenil como A cabeza de Medusa (2008, Premio Caixa Galicia e White Ravens).
Publicou poemarios como Catálogo de velenos (Premio Esquío, 1998), Desmentindo a primavera (Xerais, 2002); Abecedario de árbores, (2006) e Ovella descarreirada (2014). En narrativa é autora entre outros de Lobos nas Illas (1996), Teoría do caos (Premios Xerais, 2001 e San Clemente) ou O coitelo en novembro (2010). Mesmo considerando escribir unha actividade furtiva, recibiu recoñecementos ao conxunto da súa obra como o E de 'Escritora na súa terra' da AELG en 2010. Ademais de escribir, ensina e estuda o pensamento crítico na Universidade de Santiago de Compostela.