Rosalía Fernández Rial

(Carballo-Muxía, 1988)



Son filóloga e doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática, mais tamén me (trans-)formei en artes escénicas. Quizais por iso, como escritora, prefiro que fale a obra. Individual e en verso: En clave de sol (Lumieira, 2009), Átonos (Lumieira, 2011), Vinte en escena (Ed. Positivas 2012), Un mar de sensación (Semescom, 2012), Ningún amante sabe conducir (Ed. Positivas, 2014), Contra-acción (Neopàtria, 2016). E en prosa acompañada: Follas de Carballo (Lumieira, 2011), Contos de taberna (Ed. Embora, 2014). Adoito reservar o acto enunciativo para o encontro directo en diversos proxectos de carácter teatral, ou ben para compartilo en organizacións e colectivos vinculados aos eidos literario, artístico ou educativo.



www.rosaliafernandezrial.com

Showing 1 - 1 of 1 item