Sen produtos
De pequena quedaba durmida cun libro nas mans. Cando non lía, debuxaba durante horas. O gusto pola lectura conduciuna a estudar Lingua e Literatura Inglesas na Universidade de Santiago de Compostela que decidiu abandonar para cursar Ilustración na EASD Pablo Picasso na Coruña.
Dende entón traballou en varios proxectos editoriais e gañou o XIV Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración ilustrando a novela Do meu nome e outras trapalladas de Antonio Yáñez Casal.