Sen produtos
Nacín na Coruña, e pasei moito tempo entre Extremadura e campamentos que me fixeron comprender as ganas que tiña de coñecer o mundo. A miña infancia veuse removida por constantes chamadas de atención por parte dos adultos, pois non deixaba de facer garabatos a todas horas, tanto así que aínda agora sigo a facelo. Compaxino a miña vida artística co traballo que desempeño co meu grupo Scout, os traballos que me van xurdindo, e a carreira coma belartista que estou a facer nestes momentos. Gradueime coma ilustradora na EASD Pablo Picasso, e fixen algúns piniños enfocados neste campo.