Anxo Angueira

Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou diferentes obras: Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Bágoas de facer illas (1997), Libro da Vertixe (1997), Pensa nao (Premio Xerais de Novela 1999), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002), A morte de A. (2003), Fóra do sagrado (2007) e Iria (2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego, 2009), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento, sobre as que publicou Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento (2013 e Rexurdimento: a palabra e a idea (2019), realizou as edicións críticas de Cantares gallegos, Follas novas e En las orillas de Sar e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.

Showing 1 - 1 of 1 item