Pablo Otero

Pablo Otero, Ourense 1970.




Realizou estudos universitarios de Belas Artes, aínda que sempre vai reivindicar unha formación de xeito autodidacta. Dende os últimos vinte e cinco anos colabora en diversos proxectos e formatos editoriais. Poemarios e libros de artista, libros obxecto, tebeo (fora guionista e ilustrador de Golfiño, a revista de B. D en galego), guías didácticas, catálogos de Arte ou álbum ilustrado.


Arredor de trinta títulos publicados en diferentes linguas. Da súa proposta destaca un interese polos produtos destinados ao público infantil, o gusto por formatos híbridos e experimentais e o emprego de técnicas e ferramentas consideradas tradicionais. Da súa colaboración con Kalandraka editora destacan Contos por teléfono de Gianni Rodari, que forma parte da Lista de Honor do IBBY, ou Parece una hormiga que é un poemario ilustrado do autor.


Compaxina esta actividade editorial co seu traballo na Arte plástica e cunha docencia de artes que desenvolve no marco da U.E. Neste eido, son interesantes as experiencias realizadas como artista convidado na École Internacional de Geneve, nas Escolas públicas de Sao Joao da Madeira, Portugal ou en Tabakalera de Donostia nos últimos tempos. Acostuma a colaborar con pequenos estudios de arquitectura de Galicia en diferentes propostas de obra pública e privada.


O seu traballo foi recoñecido con galardóns como a Mención especial del Premi Llibreter de Catalunya, Premio de Ilustración Isaac Díaz Pardo, ou o Premio María Casares de Escenografía teatral.


Showing 1 - 1 of 1 item