Manuel Rivas


Unha das veces que nacín foi nunha escaleira do lugar de Corpo Santo, en Tabeaio. Os maiores contaban historias e dicían coplas arredor do lume e rían. Eu quería ser aquel lume e aquel riso. A primeira película que vin foi no cinema Hércules, no Monte Alto da Coruña. A de Charlot e o neno. Eu quería ser aquel pibe e aquel vagabundo. E ese foi até o de agora o meu andar, as pegadas simultáneas, impresas en luz e sombra. O do vagabundo que procura a boca da literatura: un forno de pan comunal onde escoitar á vida contar, chorar e rir.

Showing 1 - 1 of 1 item