Antía Otero

Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita. Como poeta gañou o VII Certamen Francisco Añón co poemario "De porta un Horizonte" e publicou "O Son da Xordeira" en Espiral Maior no 2003, "(Retro)visor" no 2010 e o Cuarto das abellas (2016), ámbolos dous en Xerais. A súa obra pode lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas. Dende 2014 codirixe Apiario. Leva anos dedicada a coordinar cursos de arte, poesía e escrita creativa tanto para entidades públicas como privadas. www.antiaotero.com

Showing 1 - 3 of 3 items