Sen produtos
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa no Instituto da Lingua Galega, onde prepara a súa tese de doutoramento en onomástica medieval.
Os seus primeiros textos viron a luz en publicacións como Dorna ou Revista das letras. En 2010 gaña o primeiro premio de poesía do Xuventude Crea con Crac, que ao ano seguinte edita Barbantesa.
Textos da súa autoría foron traducidos ao castelán e ao catalán en varios antoloxías e panorámicas, entre elas Como cantan las piedras (Isla Negra, 2012) e Novas de poesía (Fundación Uxío Novoneyra, 2014).
Mantén activo na rede o blog Tomando notas nunha escola para resentid@s.