Sen produtos
Con este servizo ofrécese un seguimento individualizado para persoas que non poden asistir presencialmente aos nosos obradoiros e seminarios ou prefiran tomar o tempo dende a súa propia casa. Deseñado especialmente para aquelas persoas ás que lles interesa traballar aspectos concretos da súa formación como escritor*s. Contamos con varios grupos en funcionamento aos que te podes incorporar en calquera momento.
A formación on-line* inclúe unha titoría via skype trimestral e un seguimento semanal do traballo individual dos asistentes. Ademais durante o curso recibiremos dúas visitas dunha/dun autora/autor que dirixirá a sesión. O formato será en videoencontro e poderán participar del todas as persoas matriculadas nos nosos obradoiros.
Todas aquelas/es que non poidan asistir presencialmente a un curso de escrita teñen a opción de matricularse na modalidade ON_LINE.
A quen vai dirixido: A tod*s aquel*s interesad*s que non poidan asistir presencialmente aos nosos cursos e procuren un seguimento do seu proceso de escrita.
Custo do curso:70€/mes
Descrición: Cartografías literarias está dirixido *s interesad*s na literatura en xeral, con independencia do xénero no que acostumen a traballar. É unha viaxe con mirada horizontal a través d*s grandes autor*s e de propostas prácticas para a escrita. O seu obxectivo básico é o de achegar *s asistentes á trama literaria, facendo fincapé nos resortes do texto e na alquimia entre a técnica e o impulso. Coa mestura da teoría e da práctica, camiñando as pegadas que foron deixando escritor*s clásic*s e contemporáneos imprescindibles, buscarase a escoita dun xeito personalizado, aportando chaves e ferramentas que axuden á elaboración de textos propios.
Metodoloxía: Cada semana realizarase o envío dunha unidade de traballo que inclúa o material axeitado para impulsar unha proposta de escrita e xere un feedback entre a docente e * participante (debates, comentarios, corrección de textos...). Ademáis dun seguimento personalizado en todas as entregas, cada tres meses realizarase unha titoría en modalidade online ou presencial, segundo a preferencia e as necesidades.
Programa:
1º Trimestre:
As palabras propias e os inicios. O eco
Pescudar na cartografía. Deixarse atravesar
Entre o abstracto e o concreto
Do tema á constelación. Listas e caixas. Organizar
Enfoques
Escribir: Chantal Maillard, John Berger, Virginia Woolf, Herta Müller...
2º Trimestre:
O impulso e o preverbo
O asombro: da sensación á emoción
Os obxectos e o lugar
Entre o arrebato cotián e a imaxe poética
A acción
Escribir: Marguerite Duras, Antón Chéjov, Pilar Pallarés, Joan Margarit...
3º Trimestre:
Tallar un texto: atopar a escultura
O silencio, o tempo e o espazo
Ir ao micro
O infraordinario
Do literario ao interdisplinar. Mirada transversal.
Escribir: George Perec, John Cage, Pina Bausch, Jonas Mekas...
Máis información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: todos aqueles interesados que non poidan asistir presencialmente aos nosos cursos e procuren un seguimento do seu traballo poético.
Custo do curso: 70€ /mes
Descrición: Este obradoiro é unha aproximación ao acontecer poético. Un achegamento dende dúas perspectivas: misterio e técnica. Emoción e mensaxe. Todo para adentrarnos na trampa, para descubrir o motor do poema. Un dos obxectivos é analizar o estrañamento que ten lugar cando un poema nos toca. Traballar dende o íntimo ao universal. Percorrer os grandes tópicos, achegarnos ás palabras da tribo. Procurar as chispas metálicas que desprenden o contacto de determinadas palabras e analizar o traballo poético de grandes poetas universais a fin de fascinarnos e tentar acceder ao mecanismo do poema.
Programa
1º Trimestre:
Poesía:
Cuestión de mirar.
Fondo, forma e poema
Tópicos e grandes palabras
A imaxe poética do cotiá
Xogar: Recuperando a vangarda: Breton, Manuel Antonio, Huidobro...
2º Trimestre
A emoción
Música e ritmo na poesía
O verso. Sintaxe e puntuación.
Estruturas líricas: A estrofa
Tensión e intensidade poética
Silencio: Alejandra Pizarnik, José Ángel Valente, Eva Veiga...
3º Trimestre
O poema que non se remata. Corrixir.
Fíos condutores: Temática e motivos
Relación entre poemas
Conxunto de poemas ou poemario?
Estrutura do poemario e do libro
O traballo coa imaxe:Federico García Lorca
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: A aquelas persoas interesadas na relación entre palabra e imaxe, escrita e arte que queiran iniciarse na escrita ou que xa o fagan con independencia do xénero no que acostumen traballar.
Custo do curso: 70 euros/mes
Descrición: Palabra, artes e híbridos é unha viaxe con mirada horizontal a través da Literatura e outras disciplinas artísticas (fotografía, cinema, son, pintura, movemento...). Os seus obxectivos básicos son achegar *s participantes ao diálogo, tensións e alquimias que provoca poñer enriba da mesa diferentes suxeitos artísticos e observar as tensións, o suceso que aparece entre a palabra dita e/ou escrita e a imaxe. Iluminar a metamorfose. Chegar ao texto. Elexir, tomar decisións, posicionarse fronte o acontecemento. Valorar a deriva ou optar polo traballo conciso segundo sexa a conversa.
Metodoloxía: Diseccionar e descubrir as cualidades das diferentes disciplinas propostas, o que aportan, calan ou recalcan en relación á palabra. Coa mestura da teoría e da práctica, buscarase aportar chaves que axuden á elaboración de textos e traballos híbridos, escrutándoos e interrogándoos ata dalos por pechados.Nun horario que se adapte ao máximo posible ás necesidades, faranse reunións virtuais semanais onde se entregará material de traballo e poida comezar así un feedback entre a docente e os participantes (debates, comentarios, corrección de textos, análise de material...) a través dun seguimento personalizado.
Programa:
Primeiro Trimestre:
O visible
“Les Mots et les Images”
Ilustrar? , A+B igual a...?
Desbordamentos
A deriva
Autor*s: John Berger, Magritte, Susan Sontang, John Cage, Esther Ferrer, Louise
Bourgeois, Marious Hermanowicz
Segundo Trimestre:
O pé de foto
A postal
O material atopado
O diario filmado
Autor*s: Duchamp, Celso Fernández Sanmartín, Jonas Mekas, Chantal Akerman...
Terceiro Trimestre:
O ensaio fílmico
A poesía de vangarda
O poema e o videopoema
Autor*s: Chris Marker, Joan Brossa, Chema Madoz, Margarite Duras, Selección de
videopoesía e antoloxía de poetas.
A quen vai dirixido: A tod*s aquel*s interesad*s que non podan asistir presencialmente aos nosos cursos e/ou queiran desenvolver un proxecto persoal, procurando un seguimento do seu proceso de escrita de forma individualizada e exclusiva.
Custo do curso:90€/mes
Descrición: En Apiario temos unha longa experiencia acompañando proxectos individuais tanto dende o punto de vista da orientación á creación dun texto literario, como da construción dos soportes formais e estéticos que este precisa.
Metodoloxía: En primeiro lugar analizase o estado do proxecto e elaborase un planning de traballo. Semanalmente farase un envío de material relacionado co proxecto, que inclúe detonantes relacionados exclusivamente co traballo que queren desenvolver *s alumn*s. As entregas son tarefas directamente vencelladas á natureza da peza literaria que se está a construír, e todos os esforzos se dirixen cara aí.
Programa:
-Avaliación da idea principal, construción do mapa e constelación, conceptualización e asesoramento na viabilidade do plantexamento.
-Traballo por capas.
-Acompañamento na creación, diálogo e feed back dunha lectora de confianza.
-Soporte de reparación das pezas literarias e limpeza.
-Servizo de corrección lingüística
*Todos os nosos cursos teñen unha matrícula inicial de 30€.