Novos clubs de lectura de poesía

Doutras bocas quere ser un lugar de encontro coa poesía. Unha aproximación ao xénero para quen quere iniciarse ou atopar novas lecturas. Así colocámonos do lado do poema, para ler e desler, cando a liña é verso. Porque a poesía é outra cousa e nestes encontros mensuais queremos achegarnos ao alento Doutras bocas. Agardámosvos neste novo club de lectura en Moito Conto na Coruña, da man de Dores Tembrás e en Cronopios Compostela, da man de Antía Otero. 

Toda a información e matrícula en info@apiario.eu