Apiario no XV simposio O libro e a lectura

Poesía, a luz apagada? é o título desta XV edición do Simposio O libro e a lectura, organizado pola Asociación Galega de Editoras, e no que participará Antía Otero, expoñendo a perspectiva do traballo editorial en Apiario.

A edición deste ano terá lugar os días 15 e 16 novembro 2018, no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

A inscrición é gratuíta ata completar aforo (100 persoas) e pode realizarse a través do enderezo electrónico s.tecnica@editorasgalegas.gal  ata o 12 de novembro.