MONOGRÁFICO (A Palabra que hai, ESTEVO CREUS). Xan 2015

Periodicamente Apiario ofrecerá cursos intensivos e monográficos que coordinarán autor*s de recoñecido prestixio. Dentro da formación que ofrecemos aos nosos habituais parécenos fundamental a exposición ás distintas miradas literarias, para que cada quen poida atopar os camiños teóricos, metodolóxicos e prácticos máis axeitados para a súa voz.

A palabra que hai

Estevo Creus

A quen vai dirixido: A todos aqueles que queiran achegarse ao traballo poético dende o cerne da palabra.

Número de horas: 8 Horario: Venres 30 xaneiro (18:00 a 20:00) Sábado 31 xaneiro (11:00-14:00 e de 17:00-20:00) Prezo: 65 euros

Descrición: A palabra que hai é un obradoiro de escrita/pensamento no que, mediante xogos coas palabras e actividades de escrita, tenta provocar reflexións sobre os procesos creativos de forma que a suma de xogo, escrita e reflexión ofreza ás persoas participantes ferramentas novas para enfrontar calquera proceso creativo.

1. A palabra bala
2. A palabra habitable
3. A palabra é un como?
4. A palabra en ¨Lázaro e anda”.
5. A palabra en formatos.

Matrícula e máis informacióninfo@apiario.eu