Sen produtos
Hai cinco saía á luz Apiario, a nosa abellariza que une un proxecto editorial cunha liña de formación literaria. Neste tempo non podemos sentir fortuna maior que a emoción compartida. Celebralo e dar grazas. Ás autoras e autores que forman e formarán parte do noso catálogo por depositar a confianza e os seus traballos nas nosas mans. Ás deseñadoras e deseñadores que moldean tantas ideas. Ás ilustradoras por encher de cor o noso Niño de abella. Ao persoal das imprentas por atender ás esixencias dos nosos acabados. Ás libreiras e libreiros que coidan o libro en galego, dan acubillo e presentan con mimo os nosos libros. Ao público lector por nos acompañar dun xeito entusiasta con cada obra que vai saindo do prelo. Grazas ás persoas que participan nos nosos obradoiros de escrita creativa e poesía nas modalidades presencial e online, nos clubs de lectura, nos seguimentos personalizados. Aos centros de ensino que nos chaman para traballar a palabra nas súas aulas, ás mestras e mestres que fan oco nas programacións para que isto suceda.
No Apiario sabemos que celebración e agradecemento sempre van da man. Porque só a esmelga existe sobrevoando os camiños, procurando a flor máis precisa.
Grazas por acompañarnos.