Debido á situación excepcional provocada polo Covid-19, á prorroga do estado de alarma e atendendo á D.La. 3ª.3 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e “na que se suspenden termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos retomarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.”
Así as cousas, a data para presentar obras ampliarase máis aló do 15 de maio de 2020 (límite fixado tras unha primeira ampliación da data orixinal sinalada nas bases), notificándose o novo prazo cando perda vixencia a norma arriba citada. Do mesmo xeito, a entrega do premio verase tamén modificada pola mesma situación, notificándose unha nova data no momento oportuno.
A información será publicada na páxina web e nas redes sociais do Concello de Bergondo, así como nas de Apiario, entidade encargada da xestión do premio.