Novas datas recepción de orixinais Premio Filomena Dato

ESTABLÉCENSE NOVAS DATAS DE ADMISIÓN DE ORIXINAIS PARA O I CONCURSO DE POESÍA FILOMENA DATO

Debido á situación excepcional provocada pola emerxencia sanitaria polo COVID-19, mediante Resolución da alcaldía núm. 545/2020 de 30 de abril, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 67 do 8 de maio, acordouse modificar as bases reguladoras do I Concurso de Poesía Filomena Dato Concello de Bergondo aprobadas por Resolución da alcaldía núm. 39/2020, do 14 de xaneiro, e publicadas no BOP número 13 de 21 de xaneiro, en concreto nos puntos 5 e 6 referidos aos prazos de admisión de orixinais e as deliberacións do xurado, acordándose que as novas datas serían publicadas no BOP, na páxina web e redes sociais do concello de Bergondo. 

Unha vez levantada a interrupción dos prazos de tramitación dos procedementos das entidades do sector público e no uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO: 

Primeiro. Establecer as novas datas de admisión de orixinais e deliberacións do xurado, recollidas nas bases 5 e 6 do I Concurso de Poesía Filomena Dato, modificadas pola Resolución de alcaldía 545/2020, quedando redactadas da seguinte maneira: 

“5. O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 1 de setembro de 2020 (inclusive). 

6. As deliberacións do xurado son secretas. O xurado realizará o fallo o 2 de outubro. O acto de entrega do premio terá lugar antes do 31 de outubro. O citado acto contará coa presenza da autora ou autor. O xurado pode declarar deserto o premio.”