A colmea. Volume I

Como son os obradoiros de escrita de Apiario? Cal é a dinámica? En que consisten?

Pedímoslles *s participantes dos nosos cursos que contasen a súa experiencia e así naceu “A colmea”, unha pequena peza audiovisual dividida en tres pílulas que iremos subindo pouco a pouco ás nosas redes.

Hoxe compartimos con vós o volume 1 deste proxecto elegantemente editado polo artista Anto Rodríguez.

Este é o noso xeito de celebrar cada día que temos o pracer de compartir a palabra nos cursos de formación.

O prazo de matrícula para os obradoiros de escrita 2020_2021 xa está aberto. Podedes consultar toda a información aquí ou escribir a info@apiario.eu