Doutras bocas: club de poesía en A Coruña e Compostela. 2021/2022

Estamos entusiasmadas por compartir que regresa Doutras bocas!!!! 

Unha aproximación á poesía para quen quere iniciarse ou atopar novas lecturas.

Porque a poesía é outra cousa e nestes encontros mensuais queremos achegarnos ao alento Doutras bocas. Así colocarémonos do lado do poema, para ler e desler, cando a liña é verso. 

Agardámosvos en MOITO CONTO na #Coruña da man de Dores Tembrás , e en Librería Cronopios #Compostela da man de Antía Otero


Toda a información, programa e matrícula en info@apiario.eu