Sen produtos
Estamos moi ilusionadas con coordinar este obradoiro de poesía galega. Arrincaremos co traballo poético de González Garcés para chegar ata a obra de Olga Novo e Pilar Pallarés.
Serán 4 sesións, os xoves de 19:00 a 21:00 ( entre o 29 de setembro e o 20 de outubro). Traballaremos cunha escolma na que tirar da emoción e ir seguindo o pulso da produción literaria nos últimos 50 anos: Lois Pereiro, Chus Pato, Lucía Aldao, Ana Romaní, Celso Fernández Sanmartín e moitos outros nomes que debullaremos ao longo dos catro encontros.
Para poñerlle o ramo recibiremos a visita das poetas Pilar Pallarés e Olga Novo na última sesión.
As prazas son limitadas e a inscrición é de balde a partir do luns 19 de setembro no formulario en liña que se habilitará na web da Deputación https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/garces
Agardamos por vos!