Sen produtos
Doutras bocas quere ser un lugar de encontro coa poesía. Unha aproximación ao xénero para quen quere iniciarse ou atopar novas lecturas de autor*s clásic*s e contemporáne*s. Así colocámonos do lado do poema, para ler e desler. Porque a poesía é outra cousa e nestes encontros mensuais queremos achegarnos ao alento Doutras bocas. Cando a liña é verso.
Agardámosvos neste club de lectura de outubro a xuño en:
Moito Conto, na Coruña, da man de Dores Tembrás
Cronopios, en Compostela, da man de Antía Otero
Toda a información, programa e matrícula en: info@apiario.eu