Enxertos

Hai neste libro un enxerto sostido por un corazón, unha procesión de palabras, a moeda para
Caronte; e todo nel é tempo de desconto, invoca e prepara para a despedida que non por esperada
mitiga o seu impacto.
Porén, existe luz na incisión sobre a febra. Na voz que guía sen descanso, afanada en recompilar
primeiras veces.