Papaventos abismados
"Papapaventos abismados" é un libro necesario para a nosa literatura porque atravesa un dos temas cruciais que debemos afrontar ao longo da vida.
Nun momento no que a sociedade comeza a tomar consciencia da importancia dos coidados e a sobrecarga que soportan as mulleres, Marta Dacosta deseña para a lectora un poemario atravesado por un tempo precipitado, unha tensión entre ser e estar e aquilo que se agarda de nós.