Intensivo con Anto Rodríguez. Mar 2015

Anamneses colectivas: escrituras autobiográficas



Imparte: Anto Rodríguez (Asturias, 1986): formado na práctica e teoría das artes escénicas contemporáneas. Entre os seus traballos destacan a longametraxe Frankenstein (Mellor longametraxe asturiana da 51 edición do Festival Internacional de Cine de Xixón) e a conferencia escénica ‘Lo otro: el concierto’. Actualmente é bolseiro predoutoral do proxecto de investigación Teatralidades Disidentes da UCLM (Financiado polo MINECO) e membro da asociación de investigadores e creadores en artes escénicas Artea. A súa investigación actual xira ao redor da escritura escénica autobiográfica expandida en diversos formatos e a xeración de dispositivos de escritura artística e teórica. Máis información en http://antorodriguez.com

A quen vai dirixido: calquera persoa interesada na escritura (autobiográfica), no traballo escénico ou na investigación artística (texto, imaxe, son, acción, espazo).

Nª de Horas: 8

Datas e Horario: Sábado 14 de marzo (de 11 a 14 e de 16 a 21)

Lugar: na Sede de Apiario na Coruña (Rúa Pondal, nº4, entrechán esquerda)

Prezo: 50 euros

Matrícula e/ou información: info@apiario.eu

Programa:

<<Chamo anamnesia á acción -mestura de gusto e de esforzo- que executa o suxeito para reatopar, sen agrandala nin facela vibrar, a tenuidade do recordo: é o haiku mesmo>>. Roland Barthes

Este taller plantexa un achegamento á escritura autobiográfica empregando ferramentas da escena e as artes audiovisuais para, na transdisciplinariedade, centrar a atención n* espectador*/ lector* por riba do suxeito falante.

Esta re-lectura da escritura autoreferencial realizarase a partir dunha serie de experiencias escénicas eaudiovisuais nas queexplorar como (e para que) detonar n* outr* unha lectura que lle leve a producir a súa propia re- escritura.

1. Fragmentos.

<<Para o recordo, o saber humano é unha obra fragmentaria nun senso especialmente conspicuo: a saber, como a morea de pezas recortadas arbitrariamente que compoñen un quebracabezas>>. Walter Benjamin.

Traballaremos diferentes ferramentas de escritura (texto, imaxes e acción) fundamentadas na fragmentación do recordo e o eu para afastarnos da pesada ollada do suxeito heterosólido.

2. Montaxe autobiográfica.

<<As nocións de memoria, montaxe e dialéctica están aí para indicar que as imaxes non son inmediatas nin doadas de entender. Por outra parte, nin sequera están <<en presente>>, como normalmente crese de xeito espontáneo>>. Georges Didi-Huberman.

Montaremos e desmontaremos os anacos das nosas autobiografías xunt*s e por separado, tentando entender que sucede cando as imaxes do noso pasado atópanse coas do presente, as imaxes d*s outr*s e as grandes verdades.

3. Detonantes do recordo.

<<Os actos do recordo teñen lugar cando un movemento ou impulso sucede naturalmente a outro; se a secuencia é necesaria, é evidente que quenquera que experimente un movemento ou impulso experimentará tamén o seguinte [...]>>. Aristóteles.

Non nos escribimos só para comprendernos sós. Exploraremos como crear diferentes dispositivos multidisciplinares proxectados na re-escritura d* espectador*, isto é, pensados para quen observa, le e escoita poda re-escribirse alén das nosas narracións autorreferenciais.

4. Recordos xenerativos e ficción.

<<Escribir sobre un mesmo é, cada vez, desdobrarse e falar dos outros, dos que están dentro e fóra do suxeito [...] Se as verdades son parciais, o único importante é a eficacia do relato>>. Estrella de Diego.

O recordo, cando se toca, convírtese en ficción. ¿Como podemos pensar en re-escribirnos sobre as ficcións / entre as ficcións? ¿Como nos axuda a ficción nas nosas re-escrituras?

5. Dispositivos autobiográficos e autobiografías colectivas.

<<A representación, como a historia, á que non por casualidade proporciona o seu soporte material, ou faste cargo dela ou ela faise cargo de ti, e por moito que creamos na transparencia como unha posición máis ontolóxica ou ética que práctica, isto é algo que o hombe público, é dicir, todos ou case todos, sabemos ben: para comunicarnos, para ser públicos son precisas as representacións>>. Óscar Cornago.

A definición académica da autobiografía exclúe a narración colectiva, aínda así, non podemos escribirnos por separado. Deseñaremos, daquela, diferentes metodoloxías de acción dende as que proponer unha escritura do grupo, unha autobiografía colectiva.

Matrícula e toda a info: info@apiario.eu