Sen produtos
Desenfoque é un canto á distorsión, a súa orixe e os seus efectos, unha escrita consciente sobre a
fraxilidade do corpo e do entorno que o rodea. Poema a poema a lectora acompaña a evolución da
enfermidade individual sen perder contacto coas doenzas do colectivo. Un salto ás cegas, un desafío
onde a cura persoal e a mancadura das outras constrúense sobre a mesma cicatriz ata ser un
esconxuro.