Poemas realistas

"Poemas realistas" é a nova entrega de Daniel Salgado, un poeta fundamental na poesía galega última, e nela explora as posibilidades do poema como testemuña dunha época ou a devoración dunha época que impón o poema. Non hai elección posible, hai sangue e lama e, malia todo, onde estea a mazaira vella, aí finalmente estará a nosa fráxil condición política. "É talvez a maneira en que o pardal nunca se rende, /con espasmos percorre as zonas inferiores dos tellados/e sinala a un tempo o noso punto feble/e o exemplo a seguir. A nosa condición política /é nerviosa, un tumulto, escasas conclusións."