Sen produtos
Obradoiro de escrita creativa: Da memoria como detonante literario
Apiario continúa cos seus cursos de escrita en Vigo. Da memoria como detonante literario será os venres 27 de marzo, 10, 17 e 24 de abril de 18.00 a 20.30 h en AFUNDACIÓN .
As sesións estarán coordinadas por Dores Tembrás e Antía Otero.
A proposta deste obradoiro é internarnos nas diferentes vías literarias da memoria. Un percorrido onde tomarlle o pulso ás posibilidades da memoria, ao seu mecanismo no texto literario. Analizaremos os accesos e tamén as descubertas asociadas a este proceso na escrita persoal. Somos memoria? En que medida os nosos textos se fornecen da lembranza? E que hai da fenda entre a memoria e a re-eleboración da mesma? Que lugar lle destinamos a esa materia dentro do proceso creador? Serán oito grandes autor*s e pensador*s *s que iluminen a deriva: Philip Roth, Sharon Olds, Marcel Proust, Jonh Berger, Marguerite Duras, Margarita Ledo, Georges Perec e Georges Didi-Huberman. Escribamos.
Programa
-Das memorias ao xénero: Philip Roth e Sharon Olds
-A trampa: Marcel Proust e John Berger
-Recordo e o presente da memoria: Marguerite Duras e Margarita Ledo
-Evento, anécdota e imaxe do real: Georges Perec e Georges Didi-Huberman