Fallo da VII edición do Premio de Poesía FIlomena Dato

Parabéns a Iria Braña López, flamante gañadora do VII Premio de Poesía Filomena Dato coa obra “Un xardín no espazo da linguaxe”.

Grazas a Lucía Aldao e Emma Couceiro por formar parte xunto con Dores Tembrás dun dedicado xurado que escolleu a obra premiada e sinalou a alta calidade das obras presentadas.

As persoas integrantes do xurado quixeron destacar o poemario distinguido por ser unha lectura que presenta temas clásicos revisados dende unha óptica propia atendendo aos seus puntos cegos, a conciencia da arquitectura do poema en especial nos seus feches, o control da macroestructura, o traballo con elementos transversais como a cerimonia e o rito e a introdución de conceptos musicais que constrúen un imaxinario.

“Un xardín no espazo da linguaxe” formará parte da Colección Filomena Dato editada por Apiario.