CONCURSO XOGAR CON CUQUI

Apiario convídavos a XOGAR CON CUQUI

Ata finais de abril recibiremos tódalas fotografías que desexedes nas que aparezan nen*s, adult*s, familias...continuando a historia que a autora María Lado propón en Porque Cuqui non quere ir á lavadora. Podedes aparecer pintando e xogando cos recortables que veñen ao final do libro, colgando a roupiña de Cuqui e do neno na trandeira...Todo o que queirades. Vós decidides porque a historia é vosa.

Daremos un número ás fotografías por orde de chegada e a finais de abril sacaremos * gañador* dunha bolsa máxica.

* afortunad* recibirá na súa casa unha sorpresa!!!!

Podedes mandar as vosas fotografías ben vía facebook, vía twitter ou ao noso correo info@apiario.eu

Agardamos por elas. Animádevos!!!