Sen produtos
Queres escribir? Xa escribes? Poesía ou narrativa? A eterna pregunta... E por que non un híbrido?
Isto é o que propoñemos neste obradoiro. Atender a grandes autoras e autores que transitan unha literatura híbrida. A proposta é aproximarnos a aqueles territorios onde a palabra vai da poesía á prosa, do dramático ao poético, da ficción ao real como camiños bidireccionais que deron lugar a grandes obras da literatura ou do cinema. Este será o fío que nos permita centrar a proposta individual de escrita creativa das persoas participantes. Deternos nesas construcións entre lindes e analizar que ferramentas, códigos ou linguaxes se empregan para coñecer e identificar aqueles recursos estilísticos que poden enriquecer o traballo persoal. Este é o desafío.
E sempre a esixencia da palabra, o escrutinio ao que sometemos a construción artística. Trascender? Emocionar? E todo dende a precisión de grandes como V. Woolf, S. Plath, Paco Martín e Anxo Angueira. A segunda parte centrarase n*s seguintes autor*s J. Mekas, Ch. Akerman, S. Beckett e G. Deustch. O programa estará repartido en dous bloques, podedes consultar os programas
Leamos. Ollemos.
Escribamos.
Datas:
Os venres: Bloque I - do 9 ao 30 de outubro
Bloque II - do 6 ao 27 de novembro
Horario: 18.00 a 20.30 h
Duración: 10 horas/ bloque
Prezo: 75 €/ bloque
Docente: Dores Tembrás e Antía Otero, APIARIO
Prazas: 15
Inscricións en Ataquilla