Sen produtos
Nunha ollada a seis bandas sobre Poesía, arte e literatura *s autor*s falan e escriben dende a súa propia experiencia.
Destinado a docentes mais tamén a tod*s aquel*s interesad*s na palabra, Poesía Hexágono dá respostas concretas a preguntas comúns propoñendo ferramentas para abordar a escrita nas aulas.
O libro, ademáis, conta cun limiar de Agustín Fernández Paz e presenta o engadido dunha plataforma online onde *s lector*s poden atopar material extra, comentar e compartir directamente as súas impresións: www.poesiahexagono.apiario.eu
Título: Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas.
Editora e produción: Apiario
Colección: Abella Mestra
Xénero: Ensaio-divulgación
Autores: Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, Antía Otero, Dores Tembrás
Limiar: Agustín Fernández Paz
Deseño: Mauro Trastoy
P.V.P 15 euros