OUT. 2015. Compostela. Escrita Creativa

CARTOGRAFÍAS LITERARIAS. CURSO DE ESCRITA CREATIVA

Duración: 10 sesións

Data de inicio: 16 de outubro

Días: venres de 19:30 a 21:30

A quen vai dirixido:

A aquelas persoas que comezan a escribir ou xa o fan interesadas na relación entre palabra e imaxe, escrita e outras artes, con independencia do xénero no que acostumen traballar. Unha oportunidad para adquirir ferramentas, redescubrir e compartir a lectura.

Descrición:

Cartografías literarias está dirixido *s interesad*s na literatura en xeral, con independencia do xénero no que acostumen a traballar. É unha viaxe con mirada horizontal a través da Literatura e outras artes partindo de diversos conceptos e propostas prácticas para a escrita. O seu obxectivo básico é o de achegar *s asistentes á trama literaria, facendo fincapé nos resortes do texto e na alquimia entre a técnica e o impulso. Coa mestura da teoría e da práctica, camiñando as pegadas que van deixando *s grandes autor*s, buscarase a escoita dun xeito personalizado, aportando chaves e ferramentas que axuden á elaboración de textos cunha voz propia.

Metodoloxía:

Serán dez sesións (20 horas) organizadas en dous bloques. Os encontros estarán vertebrados por unidades temáticas e achegamento a diferentes autor*s da literatura galega e universal. Propostas de escrita. Debate continuo. Crítica, valoración e seguimento dos textos creados. Lecturas. Visionado de material audiovisual.

Programa Bloque I

As palabras e os inicios. O eco

Pescudar na cartografía. Deixarse atravesar

Entre o abstracto e o concreto

Do tema á constelación. Listas e caixas. Organizar

Enfoques

O impulso e o preverbo

Da sensación á emoción

A acción

Escribir: Chantal Maillard, Virginia Woolf, Marguerite Duras, Boris Vian, John Berger, Ana Romaní, Lois Pereiro

Programa Bloque II

Tecer: sustantivos, verbos, adxetivos...o que se oculta e desvela

Tallar un texto: atopar a escultura

O silencio, o tempo e o espazo

Ir ao micro

O infraordinario

Do literario ao interdisplinar. Mirada transversal. Palabra e imaxe

Samuel Beckett, Jorge Oteiza, George Perec, Chantal Ackerman, Jonas Mekas, Gustav Deutsch, Louise Bourgeois.

Toda a información e matrícula en:

Espazo Aberto. Escola de Teatro e Danza.

Rúa de San Pedro, 48 baixo. Compostela

info@espazoaberto.net

981588290 - 650066083