Celebración. Premio Nacional de Poesía Miguel Hernández

Gonzalo Hermo e Celebración foron o autor e o título cos que quixemos abrir a colección Cera Labrada de Apiario.

Tras recibir o Premio da Crítica 2014 no pasado abril, hoxe Celebración e Gonzalo Hermo veñen de recibir o Premio Nacional Miguel Hernández de Poesía Nova. Como editoras queremos compartilo con vós. Con Gonzalo por camiñar con nós ao longo deste ano, con Mauro Trastoy polo delicado e rotundo deseño do libro e, por suposto, coa crítica e *s lector*s que dende o mes de decembro achegádesvos aos versos deste poemario branco-louza.

Estouramos ledas como a granada que bombea no centro do poemario pero, mentras celebramos, seguimos traballando. Vémonos nas librarías, na nosa páxina web, nas redes, nos cursos de escrita, nos recitais, nas presentacións.

Agardámosvos obreiras no Apiario.