Sen produtos
Xa está aquí o primeiro dos monográficos Apiario da man de Estevo
Creus: A PALABRA QUE HAI
A palabra que hai
Imparte: Estevo Creus
A quen vai dirixido: A todos aqueles que queiran achegarse ao traballo
poético dende o cerne da palabra.
Número de horas: 8 Horario: Venres 30 xaneiro (18:00 a 20:00) Sábado
31 xaneiro ( 11:00-14:00 e de 17:00-20:00)
Prezo: 65 euros
Descrición: A palabra que hai é un obradoiro de escrita/pensamento no
que, mediante xogos coas palabras e actividades de escrita, tenta
provocar reflexións sobre os procesos creativos de forma que a suma de
xogo, escrita e reflexión ofreza ás persoas participantes ferramentas
novas para enfrontar calquera proceso creativo.
1. A palabra bala
2. A palabra habitable
3. A palabra é un como?
4. A palabra en ¨Lázaro e anda”.
5. A palabra en formatos.