Sen produtos
A abella abre os ollos
desde o fondo do pouso
e sorrí desde a cova
hai un burato escuro
na alta pedra da casa
á beira das fiestras
escuro coma tódolos buratos
a abella abre os ollos
coma a vaca é a abella
e porco e can e pitas
é un río de mel
ó que lle falta un nome
que nunca estiña nunca
perdido para sempre
o sorriso da abella
abre os ollos a abella
no cuarto das lacenas
prós que non teñen ollos
a noite, a escuridade, o abismo, o nada
e canta e danza copras
coas súas mans deformes
enxamiadas de fouces
coma un arco da vella
revíralle a pedra
a abella os ollos abre
tírame please do norte
e tamén da travesía
estou ben estou ben
o zunido da abella
barullo da memoria
os ollos abre a abella
e o enxamio continúa
endexamais.