As abellas para Celso Fernández Sanmartín

As abellas non andan unhas sen as outras

e ó mesmo tempo percorren grandes distancias soas

 

Crían os fillos

metidos no mel

 

A raíña pon os ovos, chamámoslle raíña

e ser é a nai de todas

 

Un enxame novo sae polo menos polo mundo de cada colmea cada ano

alí onde se pousa a futura nai aparece á vista unha pelota viva

 

Podes coller un enxame coas maus espidas a presas de abellas

e levalas para unha nova colmea

 

As abellas pagan un aluguer de mel, polen e xalea real

e nunca pican ó dono da colmea se o dono da colmea é boa persoa

 

As abellas abarcan un territorio

e como dixen primeiro

percorren grandes distancias soas

e ó mesmo tempo non viven unhas sen as outras

 

Celso Fernández Sanmartín

08.10.2014, Lalín