Sen produtos
Poesía Hexágono foi un proxecto que nos acompañou dende o inicio do Apiario. Como editoras tiñamos claro que, máis aló da publicación de libros de nova creación, debiamos atender ao espazo do ensaio e da divulgación en relación ás artes e ás letras. Un xénero, o do ensaio, tan pouco prodigado e que tan necesario semella nun sistema que cada vez desterra máis e máis o uso da palabra ao anecdótico e o pensamento ao inmediato.
Grazas polo tanto as autoras e autores que comprenderon a proposta dende o minuto cero e que non dubidaron en acompañarnos nesta viaxe. Elas e eles son Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, Estíbaliz Espinosa e Yolanda Castaño. Grazas tamén a Agustín Fernández Paz polo fantástico limiar que nunca esqueceremos e a Mauro Trastoy polo deseño.
Poesía Hexágono é un libro que naceu co propósito de dar luz e ferramentas ás/aos docentes que queren traballar a palabra na aula. Para elas e eles, para *s que xa o fan e para os que o farán no futuro nunha ensinanza pública e de calidade, vaia dedicado este premio.